Animated logo

Actividades formativas

Se na actualidade contamos na área de Vigo cada vez con máis e mellores músicos de jazz é debido, en grande medida, a que temos outros festivais ou escolas da contorna ofrecéndolles a estes músicos a oportunidade de formárense e compartiren experiencias cos mellores artistas internacionais. O Festival de Jazz de Vigo súmase a esta tendencia convidando a músicos e docentes dun nivel incontestable, como son o Glenn Zaleski Trio e a formación Drewes, Lee, Hirshfield Equality, a compartir e ensinar os segredos da súa arte.

Estas actividades están pensadas tanto para os músicos xa máis experimentados como para quen desexe dar os seus primeiros pasos nesta música tan especial. Por iso consideramos fundamental realizar esta actividade da man do Conservatorio Superior de Música de Vigo e invitando tamén as escolas de música, escolas privadas, bandas…

Por suposto, os máis pequenos non podían faltar nesta programación, como vén sendo habitual no festival. Por iso contamos tamén cun dos pedagogos especializados en educación musical para nenos máis prestixiosos da nosa comunidade, Tomás Rábanos, que impartirá dúas aulas para cativos e pais chamadas Música na Maleta.

Todas as actividades son de balde, logo da súa inscrición.

As inscricións faranse a través dos teléfono 010 ou 986 810 260 con horario de 08:00 a 20:00 h. de luns a venres, de 10:00 a 14:00 h. os sábados.

O prazo abrirase o 20 de xuño e terá distintas duracións segundo a actividade:

  • Para inscribirse en Música na Maleta o prazo remata o xoves 28 (incluído)
  • Para inscribirse na masterclass do luns 2 de xullo, o prazo remata o xoves 28 (incluído)
  • Para inscribirse na masterclass do martes 3 de xullo, o prazo remata o venres 29 de xuño (incluído)
  • Para inscribirse na masterclass do mércores 4 de xullo o prazo remata o luns 2 de xullo (incluído)

Nas actividades con prazas limitadas a admisión será por rigorosa orde de inscrición. Pecharase a inscrición no momento no que se acade o número máximo de persoas admitidas, emitindo o aviso pertinente nos soportes de difusión on line do festival.

30 xuño
12:00, Casa das Artes. Policarpo Sanz, 15

Música na maleta

Actividade infantil

Música na Maleta é unha proposta lúdico-educativa para achegar os nenos e nenas de entre 5 e 12 anos ao mundo sonoro mediante a creatividade, a investigación e a manipulación de materiais cotiáns aos que se lles dá unha utilización totalmente distinta ao seu uso habitual.

En que se converte unha chapa de zume? E unha lata de tomate? E… unha brida de xardín? Pois alá iremos na procura compartida de darlles unha volta aos obxectos e sacarlles a maxia para facermos música. Da man dun dos pedagogos especializados en educación musical para nenos e nenas máis prestixiosos, Tomás Rábanos, Música na Maleta desenvolverase en dúas sesións independentes.

1 xullo
12:00, Casa das Artes. Policarpo Sanz, 15

Música na maleta

Actividade infantil

Música na Maleta é unha proposta lúdico-educativa para achegar os nenos e nenas de entre 5 e 12 anos ao mundo sonoro mediante a creatividade, a investigación e a manipulación de materiais cotiáns aos que se lles dá unha utilización totalmente distinta ao seu uso habitual.

2 xullo
12:00, Conservatorio Superior de Música de Vigo

Glenn Zaleski

Masterclass

Masterclass impartida por Gleen Zaleski, un dos pianistas máis buscados na escena jazzística de Nova York.

3 xullo
12:00, Conservatorio Superior de Música de Vigo

Glenn Zaleski

Masterclass

Masterclass impartida por Gleen Zaleski, un dos pianistas máis buscados na escena jazzística de Nova York.

4 xullo
12:00, Conservatorio Superior de Música de Vigo

Jeff Hirshfield, Scott Lee, Billy Drewes

Masterclass

Masterclass impartida por Jeff Hirshfield, Scott Lee, Billy Drewes, unha boa representación da escena actual neoiorquina.