30 xuño

Uri Caine Trio (Feat: Kenny Davis e Clarence Penn)

Concerto de apertura
21:00h, Auditorio Municipal do Concello

Uri Caine ten o infalible talento de absorber completamente o esencial de calquera xénero e reconvertilo de tal forma que o subvirte. Pianista e compositor, Caine aporta un ecléctico abano de disciplinas e influencias á súa música, que abrangue moitos dos estilos musicais cos que medrou, influencias de rhythm and blues, gospel, jazz, que se combinan creando un novo tipo de música; sons e formas influenciados pola música pop, postos en contacto con sons vangardistas.

mercar entrada

Marosa Jazz Project

Jazz na noite
23:00, Vitruvia Café (Praza de Compostela, 4)

Marosa Jazz Project, desde Burela, está formado por Bruno Valle, Roberto Bouça, Mario Arranz, Rubén Montes, Christian Delgado e Israel Arranz e o seu último disco leva como título “Lémbrame”.

1 xullo

Two in the Mirror

Jazz fóra de lugar
12:30, Praza da Constitución

Two in the Mirror son Noelia Álvarez, voz, e Paco Dicenta, baixo. Jazz, soul, funk, pop no seu repertorio. Un particular dúo de voz e baixo eléctrico de sete cordas, facendo uso de loops e efectos. Ofrecen unha sonoridade máis ampla do esperado nun formato reducido.

Abe Rábade Trío. Once

Concerto
21:00, Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Abe Rábade Trío presenta no 13º Imaxina Sons o seu último álbum, Once (Karonte/Nuba Records). Unha palabra con múltiples significados para o artista. Once é o undécimo disco de Abe Rábade; ten once temas, xoga cos ritmos en once e co significado da palabra en inglés, "unha vez". Xunto a Abe Rábade, no escenario Pablo Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso, na batería.

mercar entrada

2 xullo

David Puime Trío

Jazz fóra de lugar
12:30, Navia-Teixugueiras

O trío formado polo baterista vigués David Puime, con Dani Font á guitarra e Alex Touceda ao contrabaixo, interpreta un repertorio jazzístico, baixo aa influencia de grandes guitarristas como Jim Hall ou Wes Montgomery, entre outros.

Marc Ducret Trío

Concerto
21:00, Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Comezou tocar porque o facían outros nenos e por ter algún acompañamento cando cantaba. Nin de lonxe pensaba Marc Ducret (París, 1957) adicarse á música profesionalmente, porén estando na universidade ofrecéronlle facer unha substitución nunha banda de rithm & blues coa que estivo de xira durante un ano. Hoxendía é un dos máis reputados guitarristas europeos con proxectos a ambos lados do Atlántico. O Marc Ducret Trio fai vinte anos e para celebralo, nas súas propias palabras “un repertorio especial recurrindo á alquimia sonora particular destes músicos e a súa capacidade para asumir distintos papeis dentro dun mesmo fragmento”.

mercar entrada

3 xullo

Albert Cirera. Cirerot

Concerto
20:30, Salón de actos do MARCO

Cirerot é o proxecto a saxo solo de Albert Cirera. Despois dalgúns concertos esporádicos nos últimos anos en este formato, Cirera lánzase definitivamente á aventura en solitario, un camiño sen fin, abrupto e salvaxe. Equipado cos materiais, sons e recursos que foi adquirindo ao longo destes anos en diferentes contextos e situacións, o músico de Igualada proponse a procura da súa propia esencia; a súa propia voz, sendo consciente de que parte da equipaxe que leva, prestada ou atopada, quedará no camiño, transformarase ou simplemente envellecerá, deixando ao descuberto a alma do músico.

mercar entrada

4 xullo

Santiago Quintáns. ARK.

Concerto
20:30, Salón de actos do MARCO

ARK é un proxecto de Santiago Quintáns para guitarra, solo con electrónica. O músico continúa explorando as fronteiras entre composición, improvisación e música experimental, investigando as posibilidades da música moderna cunha ollada curiosa e inqueda. Fiel á guitarra electrica, pero cunha visión precisa de compositor, Santiago sintetiza tradición e modernidade en arriscados proxectos nos que non faltan nin sensualidade nin enerxía. As súas composicións para grupos de musica contemporánea, compañías de danza ou grupos de jazz, apuntan a unha nova experiencia do fenómeno sonoro; a música como escultura en movemento, a escoita como xesto táctil e o espazo sonoro como zona de xogos aberta á improvisacion.

mercar entrada

Javier Marcos Quinteto

Jazz na noite
20:30, La Casa de Arriba

Javier Marcos (Vigo, 1969) é unha das escasas voces do jazz feito en Galicia, asiduo das jams de jazz da súa cidade, grazas ao que, desde 2012 lidera o seu propio trío con guitarra e contrabaixo.

5 xullo

Julián Elvira. Frauta Prónomo e outros tubos intelixentes.

Concerto
20:30, Salón de actos do MARCO

"Tubos intelixentes: A metáfora da xenética" é unha proposta baseada na relación que xurde entre o sopro e a vibración do aire dentro das frautas Prónomo e subcontrabaixa, pois nelas conviven o berro e o murmurio. O concerto enteiro supón unha exploración rigorosa dalgúns secretos que agacha a natureza esencial do son destes tubos. Cada proposta, cada mestura de ritmo ou melodía, cada bucle ou motivo, nace do minucioso traballo de investigación que apura as posibilidades tímbricas. Os conceptos clásicos a propósito do son que debe producir a frauta e os seus irmáns, os tubos, extínguense aquí e a mestizaxe colle forza, tórnase impredicible. Música de nova creación para frautas e electrónica con improvisación.

mercar entrada

6 xullo

Alfonso Calvo Septet. (Convidado especial: Ton Risco)

Concerto
21:00, Auditorio Municipal do Concello de Vigo

“Sea ahead” (FreeCode JazzRecords 2016) é o segundo traballo como líder do contrabaixista compostelán Alfonso Calvo, nesta ocasión en formato de septeto.

mercar entrada

Alejandro Vargas Trío

Concerto
23:00, Rúa Londres

O gañador na categoría jazz da Convocatoria Galicia Creativa 2016 organizada pola Fundación SGAE, presenta o seu novo disco “Diablito baila”. A formación está integrada por Alejandro Vargas, piano, Jose Manuel Díaz, contrabaixo, e L.A.R Legido, batería, cunha traxectoria de seis anos de creación colectiva abranguendo linguaxes que van desde a música contemporánea, ao jazz ou á música afrocubana.

7 xullo

Carlos Bica & Trio Azul (Feat: Frank Möbus e Jim Black)

Concerto
21:00, Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Vinte anos pasaron desde a edición de “Azul”, o primeiro disco do trío de Carlos Bica con Frank Möbus e Jim Black, e o trío está de regreso, en disco e no escenario.

mercar entrada

Yuvisney Aguilar & Afro Cuban Jazz Quartet. «Concerto homenaxe a Gonzalo Villar»

Concerto
23:00, Rúa Londres

Yuvisney Aguilar naceu no municipio San Luis (Pinar del Río, Cuba). O seu interese pola arte comezou a partir dos seis anos cando integrou un proxecto comunitario para nenos afeccionados á cultura que consistía en cantar cancións infantís e éxitos dos anos oitenta.

8 xullo

Electric Succory

Jazz fóra de lugar
12:30,

Composicións orixinais e temas de referencia, encadrados no jazz eléctrico, funk ou a fusión. Esa é a base.

Alexander Von Schlippenbach: Monk’s Casino.

Concerto
21:00, Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Foron necesarios uns dez anos de investigación sobre todas as súas escalas e gravacións para traer todas as cancións de Monk á vida con este tour de force.

mercar entrada

Xan Campos ESD

Concerto
23:00, Rúa Londres

ESD, o novo traballo do pianista e compositor Xan Campos (Cangas, 1987), marca unha diferenza cos seus discos anteriores (Ida e Volta, 2007; Orixe Cero, 2011; Ectropía, 2014) conducindo cara sons máis eléctricos, jazz-rock e psiquedelia.