Concerto

155

Luns, 2 de xullo. 20:30
Vestíbulo do Auditorio Municipal do Concello de Vigo
5€

155

155 é unha proposta de sesión H.A.L.O. (High Altitude Low Opening) dentro do festival de jazz, unha sesión de improvisación na que se xuntan por vez primeira estes tres grandes improvisadores da escena nacional.

Interconectados a través de proxectos como la OMEGA, Reptilian Mambo ou IED8, o colectivo de improvisadores HALO xa ten dado conta do seu bo facer e reconduce as súas enerxías cara ao presente proxecto.

Batería, saxo barítono e baixo eléctrico para unha viaxe a través da libre improvisación e a música en presente.

  • Dani Domínguez, batería
  • Don Malfon, saxo barítono
  • David Santos, baixo eléctrico

mercar entrada