A finais dos anos setenta pasa unha longa estadía nos Estados Unidos e será no ano 1981 cando se presenta en Berlín por vez primeira co seu trío con Takeo Moriyama e Nobuyoshi Ino. Colabora e grava entre outros con Dave Liebman, Sheila Jordan, Cecil McBee, Lester Bowie, Bob Moses, Joe Henderson, Niels Henning Orsted Pedersen and many more followed. Os noventa serán unha década de dúos exitosos con Maria Joao, por unha banda, e coa saxofonista Davia Murray. Desta década son as edicións Play Ballads of Duke Ellington (1990), Shima Shoka (1991), Blue Monk (1994) e Duet for Eric Dolphy (1998). De 1997 a 1999 é profesora convidada na universidade de música Hanns Eisler, en Berlin. En 2001 publica en solitario Le Cahier du Bal (Leo Records) e xunto a Rudi Mahall, Nils Wogram, Fred Frith e Paul Lovens facéndose chamar St. Louis Blues o disco W.C. Handy-Project . En 2004 recibe o premio da crítica alemá e desde aquela segue envolta nunha morea de proxectos sempre coa premisa de innovar; por mencionar algún, La Planete Quartet con Louis Sclavis, Vincent Courtois e Dominique Pifarely. Ela é unha das grandes figuras do jazz europeo máis creativo.


Web
Aki Takase