Coa solidez do proxecto que o tempo transcorrido constatou, pero tamén coa frescura que caracteriza aos tres músicos, queren ir máis lonxe. Sen repetirse e sen contentarse co que xa fixeron – e foi, como se pode imaxinar, moito. Cos Azul retornados de 2016 recoñecemos a identidade da escrita de Bica e do son construído por estes tres mestres do jazz do século vinte e un, pero descubrimos algo máis, entre o que estaba xa anunciado nos discos anteriores e o que non agardabamos de todo.

Un exemplo do primeiro caso é “Silver Dagger”, arranxo dunha vella canción folk norteamericana na que se carga na vertente blues, con “A Lã e a Neve” representando o segundo exemplo da mellor maneira, irrompendo con rock, que a alianza composicional do contrabaixista con João Paulo Esteves da Silva non facía supor. En relación ao restante repertorio, son moitas as vías percorridas, unhas na liña meditativa e lírica que tanto define o “estilo” de Carlos Bica (“Na Rama do Alecrim”, tema do cante alentexano), outras cun toque xovial e alegre, como “Skeleton Dance”, e outras que aparecen como frescos de inaudita complexidade, empezando pola contaxiosa “X.Y.U.”.

Sorprenderse con estes músicos é un bo motivo de celebración. Vinte anos depois, aí están os Azul de Carlos Bica, mellores que nunca.


  • Carlos Bica, contrabaixo
  • Franck Möbus, guitarra eléctrica
  • Jim Black, batería
Web
Carlos Bica & Trio Azul (Feat: Frank Möbus e Jim Black)