Concerto
Comando Radar
Martes, 3 de xullo 2018. 20:30
Vestíbulo do Auditorio Municipal do Concello de Vigo
5€
Concerto
Martes, 3 de xullo 2018. 20:30
Vestíbulo do Auditorio Municipal do Concello de Vigo
5€
Este septeto de músicos galegos define a súa música como improvisación conducida. Proposta arriscada pero asemade cautivadora. O seu directo é apto para todos os públicos.
O Comando non só entra polas orellas, tamén o fai polos ollos. Os temas xorden a través do director, que con sinais constrúe cada unha das pezas. Os músicos permanecen moi atentos, entregados á improvisación e completamente volcados na música. Aparece así unha coreografía entre eles que fai de fío condutor do espectáculo. Os seus concertos teñen vida propia e neles poderemos escoitar momentos de noise, free jazz, impro libre, electrónica, ou non… Xurdiron das sesións HALO a finais de 2016 en Vigo e acaban de gravar o que será o seu primeiro disco, o cal acompañarán tamén de parte da sesión gravada en vídeo.