Concerto

Da Silva/Douglas/Weinrib

Martes, 3 de xullo. 22:30
Auditorio Municipal do Concello de Vigo
8€

Da Silva/Douglas/Weinrib

Virxilio da Silva, compositor e guitarrista, nace en Portonovo en 1984. Ata 2005, formouse integramente en Galicia: cabe destacar a súa etapa de formación jazzística xira no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (2001-2005) da man de Abe Rábade e Paco Charlín.

Forma parte, pois, da primeira promoción de músicos de jazz saídos dese Seminario tan singular, sen parangón en ningunha parte do Estado Español, e que se vén denominando a terceira xeración do jazz na Galiza. Ao longo da súa traxectoria profesional ten tocado, e mesmo nalgúns casos gravado, con músicos de renome a nivel nacional, estatal e internacional. Recibiu o 1º premio na segunda edición dos Premios Galegos da Música Martín Codax (2015) na categoría de Músicas do Mundo con Mónica de Nut polo disco Dos fíos invisibles nacen as cores, e na terceira edición (2016) na categoría de Rock co grupo Foxy Freire. Tamén en 2015 obtén o premio ao mellor solista no Keep an Eye International Jazz Award do Conservatorium van Amsterdam. Lidera a banda JUZZ desde 2016. Combina esta actividade, coliderando outros proxectos com Fuzzo, Loiros e Foxy Freire, e que mostran a variedade estilistica na que Virxilio se sinte especialmente cómodo.

  • Virxilio da Silva, piano
  • Dezron Douglas, contrabaixo
  • Craig Weinrib, batería

visitar web mercar entrada