Jam session

Dani Font Quartet

Domingo, 1 de xullo. 24:00
Café Vitruvia. Praza de Compostela, 5
Entrada libre ata completar capacidade

Dani Font Quartet

Nesta ocasión o guitarrista vigués Dani Font incorpora a figura do xenial saxofonista portugués José Soares ao seu trío de xa longa traxectoria, do que forman parte Álex Touceda (contrabaixo) e David Puime (batería).

Este proxecto acada así un son sólido e firme, fortemente arraigado na linguaxe do jazz, na súa versión máis lírica e innovadora.

  • Dani Font, guitarra
  • Álex Touceda, contrabaixo
  • David Puime, batería
  • **José Soares, saxo