Jam session

Fernando Sánchez Quartet

Martes, 3 de xullo. 24:00
La Casa de Arriba. Rúa Martín Códax, 23
Entrada libre ata completar capacidade

Fernando Sánchez Quartet

Fernando Sánchez é saxofonista, multiinstrumentista e compositor.

Nado en Redondela en 1985, comeza os estudos de piano e saxofón aos nove anos. Despois de estudar saxofón clásico no Conservatorio Superior de Música de Vigo, trasládase a Portugal xa con 22 anos, para estudar a Licenciatura em Música, variante de jazz, na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo do Porto. Tras graduarse coas máximas cualificacións, múdase á cidade de Ámsterdam para realizar un posgrao no prestixioso Conservatorium van Amsterdam, onde estuda con Ferdinand Povel, Jasper Blom e Joris Roelofs. Desde entón reside nos Países Baixos, onde actúa con diferentes formacións propias e tamén colabora con bandas como a Jazz Orchestra of the Concertgebouw, The BvR Flamenco Big Band, Pol Belardi Urban Voyage, Pablo Martínez Group, Eleonora Strino Quartet, New Cool Collective e Joëlle Goldman Big Band, entre outros. Actuou en festivais internacionais como o North Sea Jazz Festival (nl), o London Jazz Festival (uk), Music Under the Summer Air (Shanghai, cn), o Saarbrücker Jazz Festival (de), Like a Jazz Machine (lu), a Flamenco Biënnale (nl), a International Duke Ellington Conference, o Südtirol Jazzfestival Alto Adige (it), as Gentse Feesten (be), o Braga Jazz Festival (pt), a Festa do Jazz do São Luiz (pt), o Festival Porta-Jazz (pt), o Amersfoort Jazz Festival (nl) etc. Gañou o concurso The Records da Keep an Eye Foundation en dúas ocasións, coas bandas Urban Voyage e BvR Flamenco Big Band; tamén o premio ao mellor solista na Festa do Jazz 2009, así como o segundo premio no concurso Jovens Músicos, organizado pola rtp portuguesa. Durante estes anos ten tocado con artistas como The Four Tops, The Temptations, Madeline Bell, Benjamin Herman, Eric Ineke, Dennis Mackrel, Dick Oatts, José James, Terrell Stafford, Orquestra Jazz de Matosinhos, Nuno Ferreira e Jerry González, entre moitos outros.

  • Fernando Sánchez, saxofón
  • Miguel Rodríguez, piano
  • Iago Fernández, batería
  • Paco Charlín, contrabaixo