Jam session

Fonogenia

Luns, 2 de xullo. 24:00
Sala Magnética. Rúa dos Irmandiños, 3
Entrada libre ata completar capacidade

Fonogenia

Na intemperie urbana viguesa, no continuo desesperante de submisións e dinosetos, vive e respira Fonogenia. Tres individualismos reversibles: Macarena Montesinos (cello), Elena Vázquez (violín) e madamme cell (electrónica e voz) subterfúxianse na inmensa celebración non produtiva semanal das sesións h.a.l.o., cocción intestinal de amantes do cru, fraternidade.

Fonogenia, raíña do infraground vigués, xorde polo azar e segue existindo á vontade propia. É un antídoto contra a inercia, é única na súa especie, sabotadora por defecto da convención, sabe saír coa súa e atopa onde non busca. De espírito perdulario, este polígono de tres caras é proclive á dispersión, ao inacabado, ao improbable, á falta de dirección, á liberdade. Fonogenia vibra no silencio. Son as cordas oscilando, os quebrantos contra as crinas, as voltaxes numéricas, as resonancias magnéticas, simpáticas ou antipáticas, de cadaquén ao seu. Fonogenia só vive no latexo doutros corpos. No teu alento, na túa presenza. Aniquila as túas zonas de confort e maniféstate!.