Exerceu como solista en varias formación internacionais como a Grubenklang Orchester, Musikfabrik NRW ou Tony Osley Celebration Orchestra. Desde 1990 ofrece as súas actuacións en solitario. Tras gañar o premio Musik Kreativ en 1990 edita o seu disco Artikulationen, que terá continuidade en 2002 con Artikulationen II. Festivais de jazz, clubs, eventos de música contemporánea, museos ou galerías de arte son espazos habituais para Gratkowski presentar a súa música. Desde finais dos noventa tamén actúa ao outro lado do Atlántico, nos EUA e Canadá. O seu traballo desenvólvese sobre a base da improvisación; procesos formais, material tonal e xeración de sons son utilizados para crear a arquitectura da súa música, na que cada peza ten un carácter específico. Non son estrañas as súas colaboracións con artistas plásticos ou en películas e proxectos multimedia.


  • Frank Gratkowski, saxo alto e clarinete
Web
Frank Gratkowski