Os seus directos son carismáticos e convertéronos rapidamente nunha das bandas das que máis se fala na escena internacional. Con base de operacións en Copenhague, a galardoada banda xirou xa por China, Brasil e boa parte de Europa desde os inicios en 2009. Na súa discografía, catro traballos; o último titulado Fables (Edition Records). «(…) a súa música (…) consegue ser á vez urbana e tradicional, nacional e transnacional, moderno e tradicional. (…) é tamén un traballo que nos introduce nun auténtico son novo.»


  • Martin Stender, saxofóns
  • Lars Greve, saxofóns e clarinetes
  • Mathias Holm, teclados
  • Victor Dybbroe, percusión
  • Mads Forsby, batería
Web
Girls in Airports