Estuda nos conservatorios da Coruña e Santiago de Compostela e tamén en diferentes seminarios como os da International Asociation of Schools of Jazz no Conservatorio da Haia e os do Music Park Music Centre de Dublín. Empezou tocando na banda da súa vila, estivo vinculado á música rock e durante anos colaborou con músicos como Xosé Manuel Budiño, pero o seu foco de traballo está posto no jazz, ao que chegou a través do seu dominio do saxo. O pasado ano editou o disco dobre “A danza dos que non se moven”, gravado no auditorio de Rianxo. Inquedo e inmerso en moitas colaboracións como músico e docente, a súa formación ideal é o cuarteto co que comparece en Imaxina Sons con algúns dos músicos jazzeiros máis recoñecidos de Galicia.


  • José Nine, saxo
  • Marcos Pin, guitarra
  • Juan V. Cañada, contrabaixo
  • Javier Barral, batería
José Nine Cuarteto