Fundamentalmente co seu trío formado ademais polo contrabaixista Marc Muellbauer, a súa vez líder en Kaleidoscope, e o batería Heinrich Köbberling, que participou en máis de 50 gravacións de jazz. Despois do grande éxito do seu disco The End of a Summer (ECM, 2008) o trío grava tres anos máis tarde o álbum Imprint, tamén con ECM. Música vocal e cada nota no sitio xusto. En 2013 o trío convértese en cuarteto co disco In Full View (ECM). A incorporación do trompetista e compositor Tom Arthurs, quen estudou con Dave Douglas e Joe Lovano, supón un revulsivo, contribuíndo con novas cores ao son da banda ao mesmo tempo que parece que sempre estivera integrado nela. Os coros expándense, as melodías duplícanse e o son sae coa típica transparencia e claridade do son perfeccionista de Julia Hülsmann.


  • Julia Hülsmann, piano
  • Tom Arthurs, trompeta, fiscorno
  • Marc Muellbauer, contrabaixo
  • Heinrich Köbberling, batería
Julia Hülsmann Quartet