Concerto

Kenny Garrett Quintet

Sábado, 30 de xuño. 20:30
Auditorio Municipal do Concello de Vigo
8€

Kenny Garrett Quintet

No transcurso dunha carreira estelar de máis de 30 anos, Kenny Garrett converteuse sen dúbida no saxofonista alto máis importante da súa xeración.

Ganador dun Grammy en 2010 ao mellor álbum de jazz instrumental e cinco veces nominado, nomeado en 2011 doutor honorífico polo Music Berklee College.

Desde o seu primeiro concerto coa Orquestra de Duke Ellington en toda a súa carreira, pasando tempo e compartindo con músicos como Freddie Hubbard, Woody Shaw, Art Blakey & The Jazz Messengers ou Miles Davis, Garrett sempre tivo un son característico e unha melodía moi distintiva incluso en diferentes linguaxes ou «situacións musicais».

Nos últimos vinte anos, seguiu crecendo como compositor e como líder da súa propia banda. Editou o seu último disco ata agora «Do your dance», caracterizado en parte por contar con estruturas sinxelas, melodías previsibles, solos auténticos da marca Garrett e con tremendo Groove, inclúe desde o straight jazz hasta o jazz máis contemporáneo a «46 revolucións», mesmo tintes caribeños e xestos a músicos como Corea ou Chucho Valdés.

  • Kenny Garrett, saxos
  • Vernell Brown, piano
  • Corcoran Holt, contrabaixo
  • Samuel Laviso, batería
  • Rudy Bird, percusión

visitar web mercar entrada