Colaborou con músicos da talla de Jorge Pardo, Mathew Simons, Tom Guyon, Tom Harret, Billy Pierce, John Smith, Tony Lazan, Dulce Pontes, Uxía, Berrogüetto, Rodrigo Romaní, Capercaillie, Talabarte, Joao Afonso, Filipa Pais, Nani García, Gabriel Evens, Alberto Conde, Walter White, Steve Brown… Xunto a estes últimos chegou a estar prenominado aos premios Grammy por Atlantic Bridge, disco gravado en Nova York en 2009. Actualmente compaxina a docencia como profesor do Conservatorio Superior de Música da Coruña na especialidade de jazz, coa súa carreira como intérprete. Xingra coma a area, con Jacobo de Miguel ao piano, e o batería Noli Torres, é o seu último proxecto discográfico e discorre na mesma liña dos anteriores traballos cun estilo ben definido (European Jazz Concept), sendo unha música que recrea paisaxes autobiográficos, e que percorre, a través de sete intensos temas, lugares e momentos que quedaron na memoria do autor.


  • Kin García, contrabaixo
  • Jacobo de Miguel, piano
  • Noli Torres, batería
Web
Kin García Trio