Non esquece a tradición das grandes big-bands do pasado, pero promove continuamente a creación, a investigación, a divulgación e a formación na área do jazz, combinando a ambición internacional co sentido de responsabilidade local. Constituíndo unha auténtica orquestra nacional de jazz, presenta repertorios de todas as variantes estéticas e de todas as épocas do jazz. Establecendo colaboracións e producindo un repertorio específico para big-band, contemporáneo, versátil e diverso. Dirixida por Pedro Guedes e Carlos Azevedo, colaborou con nomes tan diversos como Maria Schneider, Carla Bley, Lee Konitz, John Hollenbeck, Jim McNeely, Kurt Rosenwinkel, João Paulo Esteves da Silva, Carlos Bica, Ingrid Jensen, Bob Berg, Conrad Herwig, Mark Turner, Rich Perry, Steve Swallow, Gary Valente, Dieter Glawischnig, Stephan Ashbury, Chris Cheek, Ohad Talmor, Joshua Redman, Andy Sheppard, Dee Dee Bridgewater, Maria Rita, Maria João, Mayra Andrade e Manuela Azevedo, entre moitos outros. A OJM actuou nas principais salas de Portugal e tamén en Barcelona, Bruxelas, Milán, Nova York, Boston e Marsella. Foi a primeira banda portuguesa de jazz en participar nun festival estadounidense, o JVC Jazz Festival, Carnegie Hall, en 2007. A discografía da OJM comeza en 2006 e é o reflexo dalgunhas das súas colaboracións máis sólidas. A Orquestra desenvolve desde 2010 un proxecto destinado á creación dun Centro de Alto Rendemento Artístico (CARA) en Matosinhos, promovendo o diálogo entre arte, ciencia e tecnoloxía.


Web
Orquestra de Jazz de Matosinhos