As súas músicas flúen a medio camino entre o jazz e a world music. Pablo Pérez Sanmamed é contrabaixista e compositor de ampla traxectoria profesional. A súa dilatada produción compositiva abrangue música para teatro, cinema, danza, publicidade e audiovisual en xeral. Gravou máis de sesenta discos que inclúen colaboracións con Germán Coppini, Tsukiko Amawaka, Mark Sanders, Ricardo Tejero,Banda Crebinsky, 3 Azoteas, Carlos Martín, Triatone, Paraphernalia, Alfredo García quintet, SPJ, ou OMEGA entre outros. Participou en numerosos festivais,coma o Womad, Festival Internacional de Jazz de Getxo, Jazzaldia de Donostia-San Sebastián, Imaxina Sons, SONAR, Festival de L´Orient, Festival Internacional de Glasgow, Womex, ou o Festival Internacional de Panamá entre outros. Entre os seus premios, o World Music en 2013 e 2016, que entrega Músicos ao Vivo.


  • Pablo Sanmamed, contrabaixo
  • Iago Mouriño, piano
  • Chus Pazos, batería
Pablo Sanmamed Trío