Entra na ESMAE (Escola de Música e Artes Escénica do Porto) no ano 2002 onde estuda con Pedro Guedes, Carlos Azevedo, Michael Lauren e Nuno Ferreira, entre outros, e onde consegue o seu grao en piano jazz en 2007. Ese mesmo ano trasládase a Barcelona a estudar ma Aula de Música Moderna i Jazz do Conservatorio Liceu, onde asiste ás materias de piano, combo e improvisación. Participou en numerosos seminarios e aulas maxistrais. Ademais do trío, outros proxectos seus son Creative Miles, Bruno Macedo Quartet, Lucía Martínez Quartet ou Sonia Pinto Quartet. Ademais de exercer a docencia con regularidade, traballa habitualmente como músico de estudio e músico convidado en moitos proxectos.


Web
Pedro Neves Trio