Robertoliveira completa os seus estudos de licenciatura en Percusión no Koninklijk Conservatorium da Haia [Países Baixos]. Continúa os seus estudos de "master in music performance/chamber music" na Royal Irish Academy of Music de Dublín (Irlanda]), obtendo a distinción "First Class Honours” pola DCU Dublin City University. Os compositores Jorge Variego, Jonathan Nangle, Brian Keegan, Garrett Sholdice, Sergio Fidemraizer, Carlos Perón Cano, Oriol Graus, Andrés Álvarez, María Mendoza, Antón Alcalde, Rubén Vizcaino, Tiago Derriça, Diana Pérez, Reyes Oteo, Gonçalo Lourenço, Angela dá Ponte escribiron obras para Roberto. Realiza concertos como solista, tamén con ensembles contemporáneas e orquestras sinfónicas xunto a destacados artistas, directores e compositores actuais en salas de concerto e festivais de países de todo o mundo. Un artista creativo, atrevido e innovador no panorama musical contemporáneo; centrado en difundir música para percusión, electrónica e arte visual como toda unha experiencia multisensitiva, deixando atrás o vetus format de concerto contemporáneo.


Web
Robertoliveira