Concerto

Rossy & Vercher

Filantropía

Mércores, 4 de xullo. 20:30
Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo
Entrada libre ata completar capacidade

Rossy & Vercher

O saxofonista e clarinetista Javier Vercher e o baterista, pianista e vibrafonista Jorge Rossy forman un dúo de jazz que vén de conquistar o mundo fóra das nosas fronteiras.

Vercher xa triunfara en Nova York hai un bo tempo, mentres que Rossy percorreu o mundo unhas cantas veces nada menos que xunto a Brad Mehldau, como baterista, xa no primeiro dos seus tríos. Agora Rossy centrouse máis na melodía que na percusión, mentres que Vercher sumou á súa galería sonora o clarinete baixo.

Dez anos levan xuntos, un tempo que lles permite ser dous en paralelo, unidos, simultáneos se o desexan. Como froito obrigado do entendemento que propician eses dez anos de unión puido crearse Filantropía (Supertone Records, 2018), un traballo que reflicte as dúas intimidades fundidas entre si en once cortes, listos para sorprender por contraste.

  • Javier Vercher, saxo, flauta e clarinete
  • Jorge Rossy, marimba, láminas e vibráfono
  • Masa Kamaguchi, contrabaixo
  • Albert Sanz, piano
  • Joey Baron, batería

visitar web