Nacido en Vigo en 1975, Santiago instálase nos Estados Unidos en 1995. Alí estuda guitarra, jazz e composición na Universidade de Miami e comeza unha carreira internacional acompañando a Kenny Wheeler e Maria Schneider, entre outros. O seu interese pola música moderna impúlsao a viaxar a Paris en 2003 onde participa como compositor e intérprete en estreas de contemporánea ("Seven" de Peter Eötvös, con dirección de Mark Foster). Desde 2006 realiza un traballo de investigación sobre a guitarra eléctrica amplamente divulgado en conferencias e textos para revistas de musicoloxía (Appareil, JIM, Espacio Sonoro). Integrado na paisaxe musical francesa, o Conservatorio da cidade de Le Mans convídao a dirixir o seu programa de jazz e músicas improvisadas en 2008.


  • Santiago Quintáns, guitarra, electrónica
Web
Santiago Quintáns. ARK.