Agora están inmersas na gravación do seu segundo disco. Su Garrido Pombo (Vigo) é música e compositora. O seu estilo abrangue diferentes xéneros incluíndo jazz, latin, bossa ou folk. Tras o seu paso polo grupo folk Lembranzas Galegas e como vocalista do grupo Sonhos co que grava o seu primeiro disco do mesmo título, Garrido continúa na actualidade a súa carreira en solitario ofrecendo xiras en Galicia e Dublín. Á vez forma parte doutros proxectos como este con Margarida Mariño. Natural de Vigo, Mariño comeza a tocar o violoncello aos oito anos. Compaxina a música clásica viaxando por distintos países europeos con outros estilos como o Jazz, as Músicas do Mundo ou a improvisación libre. Actualmente é integrante da orquestra Sinfónica Vigo 430.


  • Su Garrido Pombor, voz e guitarra
  • Margarida Mariño, violoncello
Treme