Campos medrou musicalmente no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, no Musikene do País Vasco e posteriormente facendo o European Jazz Master, que o levou dunha cidade a outra de Europa. Tras máis de 10 anos tocando e gravando en contextos acústicos como o salientable Xan Campos Trio ou a través de colaboracións con Ambrose Akinmusire, Walter Smith III, Logan Richardson, Marcus Strickland, Lage Lund, Marcus Gilmore, Perico Sambeat, Jorge Rossy ou Matt Brewer entre outros, trae o seu novo proxecto ESD a Imaxina Sons 2017.

En ESD (Free Code, 2016) atopamos un cuarteto eléctrico, con dúas guitarras e sen baixo, no que Campos explora o mundo dos teclados e sintetizadores e que está caracterizado polo seu son rockeiro e o seu enfoque orgánico. Virxilio Da Silva (guitarra) Wilfried Wilde (guitarra) Xan Campos (teclados) Iago Fernández (batería) Sen renunciar aos cimentos do jazz, Xan Campos persegue un estilo fresco, actual, deixándose influenciar polo que pasa ao seu redor e as vangardas musicais e convencido que de o jazz non só pertence ás salas especializadas.

O proxecto está estruturado en dous tipos de temas, que se van alternando. Por un lado, as composicións máis rockeiras de sonoridade máis crúa, e como ponte de unión entre eles as gamas de “cores” que son improvisacións libres e psicodélicas a trío, na que participa un guitarra máis, Yoel Molina.


Virxilio Da Silva, guitarra; Wilfried Wilde, guitarra
; Xan Campos, teclados; Iago Fernández, batería; colaboración: Yoel Molina, guitarra.

Web
Xan Campos ESD